http://eusoneo.com/wp-content/themes/salient/css/fonts/svg/music_recordplayer.svg

MÚSICA

A programación musical do EU SON EO aposta polas bandas, talento e artistas emerxentes de Galicia e Asturias entre outros. As novas propostas van dende a música indie ó pop, rock ou electrónica.

http://eusoneo.com/wp-content/themes/salient/css/fonts/svg/basic_signs.svg

MERCADO

O mercado EU RURAL é unha aposta de futuro do festival, no que haberá produtos ecolóxicos, agroalimentarios de pequenos produtores , artesáns, deseñadores, e mesmo proxectos que se queren dar a coñecer.

http://eusoneo.com/wp-content/themes/salient/css/fonts/svg/basic_target.svg

GASTRONOMÍA

Queremos poñer en valor e promocionar tanto os produtos locais como as receitas típicas da comarca.

http://eusoneo.com/wp-content/themes/salient/css/fonts/svg/basic_clubs.svg

NATUREZA

É o noso compromiso  a defensa e respecto polo medio ambiente. As actividades acuáticas e deportivas están pensadas para o gozo da contorna na que nos atopamos.

png

O festival-proxecto

EU SON EO nace como un festival interrexional organizado polos concellos de Trabada e Vegadeo na localidade de ABRES que terá como zona de influencia e desenvolvemento obxectivo a que abarca a Reserva da Biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón, co rio EO COMO SÍMBOLO. O FESTIVAL é o formato elixido para darlle forma a un proxecto económico,cultural e social colaborativo e de sinerxias entre Asturias e Galicia, unha aposta por desenvolver disciplinas claves no futuro da rexión como o turismo, a natureza, a gastronomía, os produtores e o mercado rural, a agricultura ecolóxica, o Camiño Norte, o emprendemento innovador, a participación veciñal,  co desenvolvemento rural como obxectivo final. Todo iso queremos que sexa o EU SON EO.

A través dunha programación musical que simbolice a modernidade e o emerxente do rural astur-galaico do futuro, dun mercado EU RURAL que quere amosar a calidade, o talento e o bo facer das nosas rexións, da reinterpretación das receitas tradicionais da zona, de presentar iniciativas innovadoras de emprendemento rural, do respecto máximo á natureza e o medio ambiente e de múltiples actividades programáticas de ocio, deporte e didáctica, EU SON EO busca ser o punto de encontro do noroeste peninsular para aquelas persoas que cren que as cousas se poden facer doutro xeito, reiniciandonos, volvendo á orixe, á esencia, á xente, volvendo á terra. “Galicia e Asturias sodes 1, molládevos e gozade que o futuro é noso” dixo o EO.

Localización

Entrada de balde. Aforo limitado

http://eusoneo.com/wp-content/themes/salient/css/fonts/svg/basic_flag2.svg